TEMA 6 - 8 " A España do s. XVIII ata a guerra civil"1ªPARTE

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

TEMA 6 - 8 " A España do s. XVIII ata a guerra civil"1ªPARTE

Mensaje por daqus el Dom Mar 28, 2010 6:03 pm

1) Reinado de Carlos IV ( 1788 - 1808 )
As características do seu reinado foron:
1. As tarefas de goberno eran exercidas polo seu valido Godoy e por un círculo da corte destacando a propia raíña.
2. En 1789 estoupa a Revolución francesa. Carlos IV pecha as fronteiras con Francia intentando evitar que a revolución chegue ao país.
Cando Luis XVI é guillotinado en Francia, España decláralle a guerra a Francia e España é derrotada.
3. Napoleón Bonaparte solicita permiso para cruzar España cara a Portugal, cando as tropas francesas entran en España prodúcese unha revelion contra oo rei e Godoy é o príncipe Fernado quere que o seu pai lle ceda o trono.

Para arranxar a situación Napoleón chama a Carlos IV e a Fernando a Francia; unha vez alí reténos e envia como rei de España ao seu irmán Xosé Bonaparte iniciándose así a ocupación francesa.
Ocupación francesa(1808-1814)
En 1808 os franceses inician a ocupación da península encontrándose prácticamente en cada localidade cunha enorme resistencia.
A población española se divide en:
- Afrancesados: Apoian aos franceses ou ben por que queren obter unha ventaxe ou ben por que pensan que os franceses melloran a situación de España.
- Oposición aos franceses: O modo de opoñerse aos franceses será por unha parte unha oposición violenta que da lugar a chamada guerra de independencia, e por outra parte a oposición política( Nas principais cidades españolas organízanse xuntas de goberno a marxe do poder francés. Para coordinala creóuse a xunta central en Madrid que ante o avance dos franceses, tivo que fuxir a Cádiz. Unha vez ali a xunta chama a representantes a todas as xuntas de goberno para elavorar a Constitución de 1812, con división de poderes, igualdade de dereitos e dereito ao voto. )
FERNANDO VII (1824 1833 )
Nas cortes de Cádiz distinguíanse dous grupos políticos:
-Monárquicos: Defenden o absolutismo e son minoría
- Liberais: Defenden unha monarquía constitucional e son mayoría.
Cando en 1814 os franceses abandonan España, Fernando VII regresa como rei. Nun principio comprométese a gobernar cunha constitución, pero tras recibirn o apoio dos absolutistas decide anulala e gobernar como rei absolutista.
Os liberais, moitos deles membros do exército, intentaran obrigar pola forza a Fernando VII a restaurar a Constitución; consuígueno trala sublevación militar de Riego, durante tres anos(1820-1823>trienio liberal)
Mentress Fernando VII pide axuda a Santa Alianza que envia tropas a Fernando VII para permitirle ao rei volver ser absolutista.
Isabel II(1833-1868)
Antes de morrer Fernando VII anulou a lei sáica que impedía as mulleres reinar, con isto deixou com herdeira a súa filla Isabel e acaba coas esperanzas do infante Carlos de gobernar.
Cando Isabel II é proclamada raíña so ten tres anos polo que, ata que se decide que ela reine directamente, houbo un período de rexencia, primero foi rexente a raíña MªCristina e despois co xeneral Espartero.
Durante este período de rexencia estouparon as chamadas guerras carlistas: Tratóuse dunha guerra civil entre carlistas, partidarios de Carlos e da monarquía absolutista e isabelinos, partidarios de Isabel e da monarquía conatitucioal.
Os vencedores serán os isabelinos que lograron non só que Isabel seguise sendo a raíña se non sobretodo que gobernase cunha Constitución (1845).

Durante o reinado de Isabel II consolídase o liberalismo( Ideoloxía que defende a división de poderes, a igualdade de dereitos e todo isto recollido ninha constitución)
Ao longo do século XIX en España comezan a distuinguirse dúas tendencias ou grupos liberais:
- Moderados: Defenden a división de poderes pero da seguinte maneira: O poder lexislativo o terán as cortes e a raíña e esta terá tamén o poder executivo. Ademais son partidarios do sufraxio censatario.
- Progresistas: Son partidarios da división plena de poderes, é dicir, o lexislativo nas cortes e o exécutivo na raíña. Ademais defenden o sufraxio universal.

Os moderadores serán o grupo maioritario e nos que se basea Isabel II para gobernar, deixando afastados aos progresistas e a outros grupos políticos que irán xurdindo. A oposición de Isabel medrará en 1868 un levantamento militar expulsará a raíña de España.
SEXENIO REVOLUCIONARIO ( 1868-1874 )
Os liberais progresistas, outros grupos políticos como republicanos e parte do exército expulsan a Isabel II de España agora serán eles os que teñan que decidir como se gobernará o país.
Os liberais progresistas son maioría e eles son os partidarios dunha monarquía constitucional pero con un rei no borbón. Será elixido entón o príncipe italiano Amadeo de Savoie.
Mentres se produce es busca o goberno provisional tamén elabora unha nova constitución para España, que será a mais avanzada do século XX.
Unha veez que Amadeo I cegue ao país comezará o seu goberno que estará cheo de dificultades: nunca contou co apoio da poboación e a él se opuxeron os liberais moderados, por isto decidirá abandoar España. Inaugúrase enton a 1ª República que nin sequera durou un ano debido a :
- Os republicanos son minoría e lles resulta case imposible gobernar
- Dentro do grupo dor republicanos xorden enfrontamentos sobre como organizar España
- Ante esta situación de inestabilidade que vive o país os moderados e parte do exército entran en contacto co fillo de Isabel II, Alfonso, para plantexárlle que regrese a España para ser rei con unha Constitución. Alfonso acepta, un levantamento militar acaba coa república e asi comeza o reinado de Alfonso XII.
ECONOMÍA DO SÉCULO XIX
Hai dous características que define a economía de España durante os s XIX son :
- Desamortización: Un problema existente en España era o desigual reparto da terra cunha maioría non propietaria e unha minoría, nobreza e igrxa, que controlaba case todas as terras. Gran parte de esas terras non se cultivan polo que a producción agrícola é reducida.
Dous ministros de Isabel II, Mendizabal e Madoz, levaran a acbo a desamortización de esas terras: Quitaránlle as terras sen cultivar aos seus propietarios e poranas a venda para conseguir cartos, aumentar o número de proopietarios e aumentar a producción. Pero os resultados obtidos non son os esperados:- non se recadaron tantos cartos como se esperaba, só os máis ricos poden comprar as terras e os concellos perderán as suas terras comunais-
- Industrialización: A industria chega tarde e fixoo so a uns poucos lugares concretamente en Cataluña desenvólves o sector téxtil, no País Vasco a siderurxia do ferro e en Asturias, Castela e León e en Andalucía a minería. Unha preocupación do goberno foi mellorar o comercio interior e para isto houbo que desenvolver o ferrocarril.
por daqus
por daqus
por daqus
por daqus

Firma____________Firma
avatar
daqus
MATRICULA DE HONOR>>Chapon a morir
MATRICULA DE HONOR>>Chapon a morir

Mensajes : 456
Fecha de inscripción : 11/03/2010
Edad : 23
Localización : vigo

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.